31 de Xaneiro de 2015... circuito de A Veronza en Ribadavia, ante unhas condicións meteorolóxicas adversas temos a Gabriel González Pereira loitando por un posto no podium e...
nada máis e nada menos que...
é o PRIMEIRO en cruzar a liña de meta.
PARABÉNS GABRIEL!!!
Acabas de convertirte no CAMPIÓN PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS na categoría alevín masculino.
Loita, esforzo, superación, entusiasmo, dedicación, nervios e máis nervios que ao final merecen a pena, pois dan como resultado o logro do obxectivo fixado. Agora a disfrutar da victoria mirando xa para o campeonato galego.
Desexásmosche moitos éxitos!!!
Aquí vos quedan imaxes cedidas pola Profe Isa e pola nai de Gabriel dalgúns dos momentos que viviu o voso compañeiro o sábado.
Súa nai e súa irmá non se perden a carreira... estarán histéricas!!!

Empeza a carreira... dorsal 491, camiseta laranxa...
Corre cun obxectivo... e vaino conseguir...


Remata a carreira... loitou, adiantou e conseguiu.... o 1º posto.
OLE OLE OLE GABRIEL!!!!
TEMOS UN CAMPEÓN NO COLEXIO DE VILARDEVÓS
Recordade sempre que aínda que está xenial gañar, o importante é participar, asíque xogade, divertídevos, experimentade e probade diferentes actividades deportivas.
Chic@s o DEPORTE é SAÚDE.









