viernes, 26 de junio de 2015

Valoración da condición física

Están as probas pasadas, os datos introducidos e as graficas xeradas na plataforma DAFIS.

Deixo os resultados por grupos, tamén están a nivel individual onde o alumno se compara con nenos que pertencen ao seu mesmo grupo de idade en Galicia

jueves, 25 de junio de 2015

PROFESORADO participante no programa XOGADE curso 2014 - 2015

Rosa Mª Novoa
Ana Mª Costa e Pilar Penín
Isabel Pérez, Rosa Mª Novoa, Ana Costa e Pilar Penín



Rosa Mª Novoa

Pilar Penín
Ana Costa, Rosa Mª Novoa e Isabel Pérez

Isabel Pérez Garrido
Ana Mª Costa Mato e Pilar Mª Penín González


jueves, 14 de mayo de 2015

XORNADA DE DEPORTE NO COLE

O xoves 7 de maio celebramos no cole a IV xornada de deporte e convivencia. Este ano tivo lugar no noso cole e visitáronnos os centros de A Mezquita, Riós e Oimbra.
Pola maña participamos en xogos e pola tarde en torneos de fútbol, baloncesto e floorball.


 

jueves, 5 de marzo de 2015

Recordos do campionato galego

Vaia nivel que había no campionato!!! Como non podía ser de outra maneira alí estaban os mellores corredores de Galicia e o noso compañeiro situouse no posto número 12 a título individual, que pasada!!!
E como equipo son os campions galegos na categoría de alevín masculino...así  que  felicitacións para Gabriel e para o equipo da Agrupación Deportiva Monterrei.

Parabens tamén para todos os deportistas que participaron porque iso xa é un luxo e un premio e  a seguir loitando chicos e chicas!!! seguro que vos esperan moitos éxitos.

Sigo pensando que o deporte é a mellor opción na que unha persoa pode invertir o seu tempo libre.

Comparto algunhas imaxes do día.















jueves, 19 de febrero de 2015

Sorte Gabriel

Mañá sábado 21 de febreiro terá lugar,  nas pistas de Monterrei (Ourense),  o campeonato galego de campo a través, e ahí estará Gabriel loitando por el.
Desexámosche moita sorte, seguro que o fas xenial que xa vemos que vas coas pilas a tope!!!

domingo, 1 de febrero de 2015

Campeonato Provincial de Campo a Través

31 de Xaneiro de 2015... circuito de A Veronza en Ribadavia, ante unhas condicións meteorolóxicas adversas temos a Gabriel González Pereira loitando por un posto no podium e...

nada máis e nada menos que...

é o PRIMEIRO  en cruzar a liña de meta.


PARABÉNS GABRIEL!!!

Acabas de convertirte no CAMPIÓN PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS  na categoría alevín masculino.

Loita, esforzo, superación, entusiasmo, dedicación, nervios e máis nervios que ao final merecen a pena, pois dan como resultado o logro do obxectivo fixado. Agora a disfrutar da victoria mirando xa para o campeonato galego.
Desexásmosche moitos éxitos!!!

Aquí vos quedan imaxes cedidas pola Profe Isa e pola nai de Gabriel dalgúns dos momentos que viviu o voso compañeiro o sábado.




 Súa nai e súa irmá non se perden a carreira... estarán histéricas!!!





Empeza a carreira... dorsal 491, camiseta laranxa...



Corre cun obxectivo... e vaino conseguir...
                    
 

Remata a carreira... loitou, adiantou e conseguiu.... o 1º posto.

OLE OLE OLE GABRIEL!!!! 
TEMOS UN CAMPEÓN NO COLEXIO DE VILARDEVÓS




 


Recordade sempre que aínda que está xenial gañar, o importante é participar, asíque xogade, divertídevos, experimentade e probade diferentes actividades deportivas. 

Chic@s o DEPORTE é SAÚDE.