jueves, 19 de febrero de 2015

Sorte Gabriel

Mañá sábado 21 de febreiro terá lugar,  nas pistas de Monterrei (Ourense),  o campeonato galego de campo a través, e ahí estará Gabriel loitando por el.
Desexámosche moita sorte, seguro que o fas xenial que xa vemos que vas coas pilas a tope!!!

domingo, 1 de febrero de 2015

Campeonato Provincial de Campo a Través

31 de Xaneiro de 2015... circuito de A Veronza en Ribadavia, ante unhas condicións meteorolóxicas adversas temos a Gabriel González Pereira loitando por un posto no podium e...

nada máis e nada menos que...

é o PRIMEIRO  en cruzar a liña de meta.


PARABÉNS GABRIEL!!!

Acabas de convertirte no CAMPIÓN PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS  na categoría alevín masculino.

Loita, esforzo, superación, entusiasmo, dedicación, nervios e máis nervios que ao final merecen a pena, pois dan como resultado o logro do obxectivo fixado. Agora a disfrutar da victoria mirando xa para o campeonato galego.
Desexásmosche moitos éxitos!!!

Aquí vos quedan imaxes cedidas pola Profe Isa e pola nai de Gabriel dalgúns dos momentos que viviu o voso compañeiro o sábado.




 Súa nai e súa irmá non se perden a carreira... estarán histéricas!!!





Empeza a carreira... dorsal 491, camiseta laranxa...



Corre cun obxectivo... e vaino conseguir...
                    
 

Remata a carreira... loitou, adiantou e conseguiu.... o 1º posto.

OLE OLE OLE GABRIEL!!!! 
TEMOS UN CAMPEÓN NO COLEXIO DE VILARDEVÓS




 


Recordade sempre que aínda que está xenial gañar, o importante é participar, asíque xogade, divertídevos, experimentade e probade diferentes actividades deportivas. 

Chic@s o DEPORTE é SAÚDE.